Síguenos en:

 

linkedin

Galician (Galego)Español (spanish formal Internacional)English (United Kingdom)
Redes de Telecomunicacións

Os entornos tecnolóxicos nos que Colabora Ingenieros ofrece deseño, enxeñería e instalación de proxectos chave en man, pódense desglosar nos catro pilares fundamentais que se presentan a groso modo na tabla inferior.

 

Colabora Ingenieros conta con 7 anos de experiencia deseñando redes de pares de cobre, coaxial e fibra óptica para máis de 200.000 fogares levando a cabo labores de enxeñería externa, toma de datos en campo e o propio deseño e delineación das solucións coa súa correspondente documentación as-built.

 

Nos últimos anos, tamén se desenvolveron traballos de deseño, suministro e despregamento de redes WIMAX para dar cobertura a polígonos, cascos históricos e accesos a Internet rurais a través de rede de transporte mixta con equipamento de radio IP-OFDM e fibra óptica.

 

Por outro lado, realizouse deseño, validación e optimización de solucións de RF, así como a validación e supervisión de obra civil e a integración e mantemento para diversos tramos de vía férrea.

 

Colabora Ingenieros desenvolveu solucións de conexión a localizacións de difícil acceso dando conexión a sedes centrais de forma transparente ó operador.

 

Para as prestacións de cobertura en interiores, Colabora Ingenieros presenta os seus coñecementos no estudio de coberturas e planificación de frecuencias e proporciona a dotación de sistemas de xestión, trazabilidade e xeolocalización de distintas tecnoloxías e fabricantes.

 

En canto á cobertura de exteriores, ofrécense solucións de cobertura en almacéns de localización con tags WiFi. Esto aporta movilidade e control ofrecendo a posibilidade de xestionar as entradas de material a través dunha PDA. Tamén se ofrecen sistemas de alarma e a conexión de puntos de control entrada/salida, sistemas de vixiancia IP e solucións de telefonía en exteriores. Para eventos que requiran implantacións temporais, Colabora Ingenieros tamén provisiona os seus servizos.

 

Colabora Ingenieros ten, igualmente, experiencia na extensión de redes corporativas para ubicacións remotas mediante enlaces IP, presentando casos de éxito de máis de 200 puntos remotos conectados. Este traballo engloba tanto a enxeñería como a definición de solución de VLAN de xestión e datos. Colabora Ingenieros tamén se fai cargo do suministro de equipamento e a súa integración.

 

Colabora Ingenieros ofrece servizos de enxeñería DWDM tales como o deseño, a configuración, a instalación, o commisioning, a operación, a xestión integral con cliente final e a documentación as-built asociada para, entre outras cousas, a ampliación de lambdas DWDM, backbones metropolitanos, redes Triple Play ou a recepción de tráfico ATM procedente de líñas ADSL.

 

 

Redes InarámicasAcceso e TransmisiónRedes TelefónicasTecnoloxías Ópticas

  GSM, 3G, LTE

 

  Wimax  

 

    (802.16d,         

 

    806.16e)

 

  Radioenlaces

 

    IP, ópticos,

 

    propietarios

 

  GSM-r

 

  Troncais radio

    

 

  xDSL, DSLAM

 

  Redes FTTH,

 

    FTTB,GPON,

 

    RFoGlass

 

  Redes HFC,

 

    CATV

 

  ATM, Shasta

 

  SDH/SONET

 

  

 

  Redes NGN,

 

    triple play

 

  Bucle abonado,

 

    conmutación e

 

    distribución

 

    telefónica

 

  Fibra Óptica

 

  WDM/CWDM/

 

    DWDM

 

  Fiber Channel

 

  Accesos de

 

    Alta Capacidade,

 

    MetroEthernet,

 

    Gigabit